A entidade financeira ofrece un catálogo de produtos e servizos deseñados para as firmas que forman parte da área industrial
Laura Moure/Silleda
ABANCA e a Comunidad de Propietarios Área 33 veñen de asinar un acordo de colaboración que busca, entre outras cousas, garantir o futuro das empresas que conforman o parque industrial silledense. O catálogo elaborado pola entidade
financeira ofrece unha serie de alternativas deseñadas para as entidades presentes na
área industrial.

O acordo foi rubricado este xoves polo coordinador de Colectivos da dirección
territorial de ABANCA en Pontevedra, José Liñeira, e o presidente da Comunidad de
Propietarios Área 33, Juan Carlos Carballo, en presencia da Alcaldesa, Paula Fernández
Pena, con quen compartiron impresións sobre o escenario económico actual, e os
retos e desafíos aos que se enfrontan as empresas.
Publicidade
A través deste convenio, o banco habilita solucións para as necesidades reais do
colectivo, tanto para acometer investimentos, como para facer fronte aos retos da
actividade diaria.
Co obxectivo de apoiar a posta en marcha de novos proxectos e reforzar a viabilidade
dos actuais, ABANCA ofrece unha serie de productos específicamente deseñados e con
condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan os préstamos ou
leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e
xuros moi competitivos. Así mesmo, o acordo contempla alternativas de financiamento
oficial a través de diversos programas do ICO ou das SGR nacionais.
Publicidade
Os empresarios e empresarias da área industrial tamén poderán contratar pólizas de
crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais. Ademais, poderán gozar das
vantaxes do Programa Servizos ABANCA, que permite deixar de pagar polo
mantemento de contas ou tarxetas, transferencias, ingreso de cheques e outros
servizos.
O acordo tamén contempla a facilidade de contratación de medios de pago como TPV,
tanto físicos, como virtuais, e o acceso a unha atención personalizada en materia de
seguros.
Comments