top of page

Abanca Cimag-GandAgro explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de carbono

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal se celebrará do 20 ao 22 na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal se celebrará do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda, deseñou un interesante programa de xornadas dirixidas aos profesionais do sector agropecuario.


Entre elas, o venres 21 de febreiro, está programado un encontro sobre distribución sostible de xurro, organizado polo Campus Terra de Lugo. Durante o seu transcurso un

representante da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia falará sobre o caderno dixital de explotación agrícola e as aplicacións de fertilizantes, para logo dar paso a unha

mesa redonda onde as empresas Talleres Carruxo, Talleres Moga, Díaz y Valín e Durán

Maquinaria achegarán a súa visión sobre o estado actual do mercado de tanques distribuidores de xurro e o impacto sobre o mesmo das últimas regulacións.

Conferencia

A continuación, presentaranse dous innovadores proxectos dos grupos operativos PurínPreciso e Agrolab-Biogal, os cales se centran na incorporación de sensores que

miden o contido de nutrientes do xurro nos tanques distribuidores durante a realización da aplicación. O primeiro deles será exposto por parte de representantes da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e do grupo de investigación BioModem (Modernización, Enerxía e Mecanización en Biosistemas), do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, mentres que o segundo será a cargo de Medrar

Innovation Office e BioModem.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A xornada finalizará cun relatorio centrado na distribución e análise do xurro en Alemaña de man da investigadora Diana Andrade, do Centro de Investigación Agraria de Baviera (LfL).


Proxecto Sat4Carbón.

Tamén o 21 de febreiro Abanca Cimag-GandAgro acollerá unha xornada informativa sobre o Proxecto Sat4Carbón, organizada pola Asociación Agraria de Galicia (Asaga) coa participación de Francisco Bello, presidente desta entidade, e Daniel Reinoso, do

departamento de Xeoloxía, Xeografía e Medioambiente da Universidade de Alcalá.


Este innovador proxecto pretende desenvolver unha metodoloxía para estimar a fixación do

carbono por teledetección en sistemas de silvopastoreo a escala local, para o que é

necesario cuantificar a fixación do carbono por parte da vexetación e o efecto tanto das

perturbacións (incendios e retirada da biomasa) como dos cambios de uso do chan. Propón adaptar a proposta do programa Copernicus, que actualmente proporciona estes

datos a través do satélite Sentinel 3 (300 metros de resolución) aos datos Sentinel 2 (20m)

o que permitirá obter datos a escala local.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Galicia, Asturias e Cantabria son as zonas piloto deste proxecto, que ten catro obxectivos

específicos. O primeiro deles é contar con información do stock e fluxo de carbono anual na biomasa e o chan a escala local, o segundo mellorar as prácticas silvopastorais para

incrementar a absorción de carbono, o terceiro dispoñer de información para a valorización

económica dos stock e fluxos de carbono a través da comercialización no mercado

voluntario e o cuarto mellorar o coñecemento sobre as técnicas para medir fluxos de carbono por teledetección e informar dos resultados.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page