top of page

Abalde destaca na Xunta Local de Seguridade de Arzúa o descenso da criminalidade neste concello

Policía Local e Garda Civil reforzan a súa coordinación para garantir a seguridade durante a celebración da Festa do Queixo


Laura Moure/Arzúa

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, copresidiu este luns xunto co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, a Xunta Local de Seguridade, na que se analizaron os datos de criminalidade do municipio e se coordinou o dispositivo especial con motivo da celebración da 51.ª edición da Festa do Queixo, que terá lugar esta fin de semana.

Durante a reunión, púxose de manifesto que Arzúa presenta unha taxa de criminalidade de 22,48 delitos por cada mil habitantes no ano 2025, unha cifra inferior á do exercicio anterior, menos da metade da taxa media de España e sensiblemente por debaixo da de Galicia, que é a segunda comunidade autónoma máis segura do país. Neste contexto, o subdelegado salientou que “acadamos a mellor eficacia policial da década e un máximo histórico de efectivos, con 8.895 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil en Galicia, 596 máis que en 2018”.


Julio Abalde destacou tamén a boa colaboración existente entre a Policía Local e a Garda Civil no municipio, insistindo na importancia de manter esta coordinación para continuar mellorando os datos de seguridade.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No apartado dedicado á loita contra a violencia de xénero, informouse de que Arzúa recibiu no ano 2025 un total de 8.722,63 euros procedentes dos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Desde o ano 2018, o municipio leva percibidos máis de 34.900 euros por este concepto. Na provincia da Coruña hai actualmente 2.711 casos activos.


A Xunta Local incluíu tamén un balance das actuacións nesta materia. Neste punto, o subdelegado fixo un chamamento á adhesión do Concello ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén), dependente do Ministerio do Interior, como instrumento clave para reforzar a protección das vítimas. “A adhesión ao sistema VioGén é unha ferramenta fundamental para reforzar a protección das vítimas e mellorar a coordinación institucional”, subliñou.


No ámbito preventivo, abordouse o desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Contornos, impulsado polo Ministerio do Interior. En Arzúa, este programa está implantado pola Garda Civil e contou coa participación de 834 persoas a través de 30 actividades centradas en cuestións como a violencia de xénero e a prevención de delitos sexuais, o acoso escolar e o ciberacoso, a

ciberseguridade, a protección de datos persoais ou o consumo de drogas e alcohol.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Finalmente, analizouse o dispositivo especial de seguridade para a Festa do Queixo, que se celebra en Arzúa desde hai máis de 50 anos e que congrega cada edición a milleiros de visitantes. Policía Local e Garda Civil colaborarán estreitamente para garantir o bo desenvolvemento dos actos previstos.


O pregón desta edición correrá a cargo do actor Federico Pérez Rey, que o sábado 28 de febreiro, tras os actos de inauguración, a partir das 12:00 horas na carpa do campo da feira, dará comezo oficial á festa. Nado en Alemaña en 1976 e vencellado a Mazaricos, cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveu unha ampla traxectoria como actor en teatro, cine e televisión, ademais de traballar como asesor lingüístico e guionista.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page