Con elas confecciona bolsos e taburetes
Laura Moure/Vila de Cruces
Unha das claves do éxito é innovar e adaptarse aos novos tempos. E isto sábeo de sobra a zoqueira cruceña Elena Ferro que coa súa arte decidiu darlle unha nova vida, e como non, novos usos, ás latas das patacas fritas de Bonilla a la Vista.
Publicidade
Estas latas son todo unha referencia e agora, gracias á zoqueira de Merza, tamén se poden usar a modo de taburete ou de bolso de distinto tamaño.
Publicidade
"En pelis, videoclips, shootings de moda e agora... en forma de peza artística da man de @eferro_elenaferro 🥾 Está claro que a nosa lata é xa toda unha icona! 💪 Son tres fantásticas pezas que podedes adquirir nas nosas churrerías, nas tendas desta deseñadora e artesá galega e na nosa web! 💙 Todo un regalazo para este #Nadal", sinala Bonilla a la Vista a través das súas redes sociais.
Publicidade
E a vós que vos parecen?
Comments