Será elaborada por 10 restaurantes da zona
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebrará este domingo, 22 de decembro, a XXV Feira de Nadal do Galo de Curral. Terá lugar na Praza Juan Carlos I, diante do Concello, onde o alcalde Luís Taboada inaugurará a festividade ás 11:00 horas.
Publicidade

Habilitarase unha carpa para acoller a degustación gratuíta do galo, que comezará ás 12:00 horas, con elaboracións realizadas por diferentes establecementos de restauración –Casa Don Dín, A de Rafael, O Pazo, O Galicia, Onde Antonio, O Cabanas, O Refuxio, Serro Ventoso, Álex Iglesias e Casa Sanmartín–, a venda do animal xa morto e unha exhibición de galos vivos. A xornada festiva contará coa actuación da charanga local Os Kokakolas.
Publicidade
O alcalde asegura que esta xuntanza do Galo de Curral de Nadal é un momento ideal para compartir cos seres queridos e coas amizades e a veciñanza “unha das nosas feiras máis queridas”. Tamén destaca o manxar que é o galo de curral, con orixe na vila cruceña, “que degustaremos todos xuntos o vindeiro domingo, grazas á colaboración dos restaurantes”.
Comentários