Nesta ocasión participan 80 establecementos da localidade
Laura Moure/Melide
A vixésima terceira campaña de Nadal de ASETEM - CCA, ‘Este ano toca en Melide’ repartirá 6.000 euros en premios no seu tradicional sorteo. O 1 de decembro arrinca a nova edición da iniciativa que cada Nadal a entidade empresarial celebra nos comercios asociados da comarca. Este ano participarán oitenta establecementos, o que afirma a boa acollida que esta iniciativa ten cada ano e que dende a directiva da asociación esperan que se traslade tamén á clientela. “Confiamos en que a poboación volva apostar polos establecementos de proximidade para facer as súas mercas de Nadal porque non é necesario moverse de Melide para atopar agasallos de todo tipo”.
O principal obxectivo desta actividade é o fomento e impulso das compras nos comercios melidenses premiando a fidelidade da clientela mediante o sorteo de vales de compra para gastar nestes mesmos establecementos. Para levar a cabo esta acción de promoción as tendas obsequiarán á súa clientela con rifas ao realizar compras de calquera importe entre o día 1 de decembro e o 14 de xaneiro.
Ese mesmo día, o 14 de xaneiro celebrarase no Centro Sociocultural Mingos de Pita a gala do sorteo de Nadal para repartir os premios: un de 2.000 euros, dous de 1.000, e catro de 500 euros. Ademais, entre os asistentes á gala sortearase un bono para unha viaxe de fin de semana para dúas persoas. Neste evento participará o grupo de música melidense Leirabuxo e tamén a cantante, presentadora e imaxe de ASETEM – CCA, Tania Veiras.
As bases da campaña así como os establecementos participantes poden consultarse na
páxina web: www.asetem.com para calquera dúbida poden chamar ao 981 50 61 88.
Os establecementos participantes son:
1. Alain Afflelou
2. Anic Difusión
3. Autoescola Agra
4. Autoescola Marte
5. Bodegas Mejuto
6. Calzados Broz
7. Carnicería Cardelle
8. Canicería Maruja
9. Carnicería Penas
10. Casa Alongos
11. Casa Juanito
12. Casa Santos
13. CC Xestión
14. Cociñas Buján
15. Colorín Colorado
16. Creaciones MJ
17. Daniel’s Barber
18. Diva Pro
19. Electricidade Vilela
20. Electrosan
21. Escala 5.9 Espectáculos
22. Estación de Servicio Bocelo
23. Estación de Servicio Corredoiras
24. Estanco Angarela
25. Eurocadena
26. Floristería Maru
27. Floristería Tarrío
28. Flor de Toxo
29. Frutería Celia
30. Hotel Carlos 96
31. Imprenta Meligraf
32. Intres Fotografía
33. Instituto de la Sordera
34. Peritos Melide
35. Juifi
36. Laia Zapateiros
37. Latexo Logopedia
38. Leiva Motosport
39. Librería Cousas
40. Librería Victorio
41. M&M Moda
42. Marvi
43. Melimática
44. Mercería Isabel
45. Mis Mejores Labores
46. Mobles Ares
47. Mobles Paula
48. Moraima A Granel
49. Muxica
50. Noguerol
51. Óptica Melide
52. Óptica Tábora
53. Panadería Manso
54. Panadería Toques
55. Parafarmacia Ulloa
56. Parrillada O Carburo
57. Pasarela Moda
58. Pastelería Estilo
59. Perfumería Lyss
60. Pescados Manolo
61. Pequeno Besbello (academia)
62. Recambios Sando
63. Recambios Vulcano
64. Ribeirao
65. Romero Zapaterías
66. Sakho
67. Salacadula Shop
68. Peluquería Santin&Amo
69. Sport Moda
70. Sueños Moda Infantil
71. Suministros Cire
72. Supermercados Covirán
73. Toysmaniatic
74. Xoiería Oro Ley
75. Xoiería Pereiro
76. Xoiería Roval
77. Xoiería Silvela
78. Yethi Carburantes
79. Zapatería Pequeniños
80. Zafiro Tours
Comments