top of page

A XXII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei acollerá 11 funcións dende o día 31 ao 12 de setembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Distinguirá ao escritor Toño Núñez e á actriz Chelo do Rejo e entregará o IV Premio 'Garabato' á conservación do patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o presidente da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, Xosé Manuel Pérez Paredes, e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas; as encargadas do protocolo Covid Xema Buján Mosteiro e Ana García Negro presentaron este venres no Salón de Plenos do Concello a XXII Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei Nesta vixésima segunda edición participarán dez grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón.


O programa desta edición será o seguinte:

  • Martes, 31 de agosto: GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI. AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas. OBRA: Contos, lendas e outras historias. Será na Casa da Cultura da localidade.


  • MÉRCORES, 1 DE SETEMBRO: GRUPO: CAXOTO. OBRA: Que morro!!!. Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa Cultura no Camiño.


  • XOVES, 2 DE SETEMBRO. GRUPO: AULA DE TEATRO DO IES A PINGUELA 2021. OBRA: Parodia dunha tarde de picnic. Será ás 21:00 horas.


  • VENRES, 3 SETEMBRO. GRUPO: COMANDO CURUXÁS. OBRA: Curuxás. Será, ás 21:00 horas, no Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.


  • SÁBADO, 4 SETEMBRO. GRUPO: SON D’ALDEA. OBRA: Saberes da aldea. AUTOR: Creación colectiva dirixida por Metátase Teatro e Alentía Teatro. Terá lugar ás 10:00 horas, con saída do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30 horas.


  • MARTES, 7 DE SETEMBRO. GRUPO: ESCOLA DE TEATRO DE TABOADELA. OBRA: Os marcos da vida. Será ás 21:00 horas.


  • MÉRCORES, 8 DE SETEMBRO. GRUPO: MERE CLOWN. OBRA: Mere-cidamente. Será tamén ás nove da noite. Esta actuación está subvencionada polo AGADIC, a través do seu programa Cultura no Camiño.


  • XOVES, 9 DE SETEMBRO. GRUPO: GRUPO DE TEATRO FARO MIÑO, DE CHANTADA. OBRA: Risoterapia efervescente.


  • VENRES, 10 DE SETEMBRO. GRUPO: Grupo ATENEO, de Pozuelo de Alarcón. OBRA: Cena para dos. Será ás 21:00 horas.


  • SÁBADO, 11 DE SETEMBRO. GRUPO: METÁTASE TEATRO, DE PALAS DE REI. OBRA: A merliña.


  • DOMINGO, 12 DE SETEMBRO. GRUPO: ALENTÍA TEATRO. OBRA: Cos dentes… movendo nos marcos.

Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a do venres 3 de setembro, que será no PARLADOIRO de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá e o sábado, 4 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... de Santiago de Albá e que se sairá ás 10:00 horas do campo da festa desta aldea. Para poder asistir ás funcións haberá que facer inscrición previa no teléfono 647 565 182 ou no correo electrónico metateseteatro@gmail.com


Premios

O sábado, 4 de setembro, entregarase o XVI Premio Careón ao escritor Toño Núñez en recoñecemento ao seu labor como escritor e dinamizador da cultura galega. Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXI Premio Mácara a Chelo do Rejo pola súa traxectoria profesional como actriz e o seu apoio, vivenciación e defensa da cultura rural. O sábado, 11 de setembro, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o IV Premio 'Garabato' á conservación do patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural,dotado con 1.000 euros e plica a unha entidade que se distingue pola súa labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.


Hoxe en día a Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei-Teatro no Camiño de Santiago é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de 250 compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia...



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page