Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A XVI edición do Outono Gastronómico chegará a oito establecementos de turismo rural das comarcas

En total participarán 73 negocios de toda Galicia e terá lugar entre os días 16 de setembro e 18 de decembro


Laura Moure/Xeral

Arranca unha nova edición, e xa van 16, do Outono Gastronómico, na que participan 73 establecementos de turismo rural galegos, entre eles oito das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa. Esta iniciativa desenvolverase entre os días 16 de setembro e 18 de decembro de 2022.

Ademais dun autobús promocional, para a difusión desta acción editaranse 10.000 guías, 7.000 dípticos e 500 carteis, que se distribuirán, entre otros lugares, nas oficinas de turismo de toda Galicia, nos campos de Golf e entre todas as casas rurais participantes.


O bus está recorrendo Galicia informando sobre a campaña e animando á participación dos viandantes. En cada unha das sete localidades nas que se estacione, as persoas que se interesen pola campaña poden achegarse e participar nunha ruleta virtual entrando no autobús e compartindo en redes sociais. Entregaranse en total 14 premios de Fin de Semana Outono Gastronómico e 1.400 carballos.


En que consiste esta iniciativa?

O programa Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia permite gozar dun menú así como contar co aloxamento aproveitando a gastronomía que presenta cada establecemento. Así, contémplase desde a posibilidade de cear nun dos establecementos adheridos ao programa (Menú Outono Gastronómico) a un fin de semana outono gastronómico (Paquete ou Fin de Semana Outono Gastronómico).

Tamén se ofrece o Outono plus, co que algunha das casas participantes, ademais da restauración e o aloxamento, porán á disposición dos seus clientes distintas outras actividades complementarias como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, entre outros. Ademais, todas as casas rurais participantes incluirán nos seus menús produtos galegos con certificación de calidade avalados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural.


Así nas comarcas participan nesta iniciativa: O Muíño de Pena (O Pino), Casa Camino Real (Melide), Pazo Santa María (Arzúa), Pazo de Brandese & Country Club (Arzúa), Casa Brandariz (Arzúa), Pazo de Ludeiro (Monterroso), Casa San Ginés (Vila de Cruces) e a Casa Grande de Fuentemayor (Silleda).

As casas rurais de toda Galicia que participan poden consultarse por provincia no seguinte enlace onde se poden obter tamén toda a información detallada da iniciativa:

https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/outono-gastronomico?langId=es_ES


71 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE