top of page

A Xunta destina este ano máis de 3,8 millóns ao servizos sociais dos concellos de Deza e Tabeirós

O Goberno galego financia a contratación de 24 técnicos e traballadores sociais nas

bisbarras e o desenvolvemento de programas de inclusión e do SAF básico cunha

achega de 509.945 euros a través do Plan Concertado


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, destina este ano 3.861.833 euros a financiar os Servizos Sociais de carácter municipal dos oito concellos das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a través do Plan Concertado e da partida da Axuda no Fogar. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución económica de apoio nunha visita realizada esta mañá á oficina de Servizos Sociais de Silleda, que é unha das catro da provincia que conseguíu reforzar o seu persoal con estes fondos do Goberno galego xunto con A Illa de Arousa, Ribadumia e Pontevedra.

No acto estivo acompañado polo alcalde, Manuel Cuiña, a xefa territorial de Política Social, María José Pérez-Izaguirre, e responsables municipais deste departamento. “Dende a Xunta facemos un esforzo moi importante e necesario para axudar aos concellos

a realizar e despregar os seus Servizos Sociais de carácter municipal, algo que cobra especial importancia nestas bisbarras, posto que son as máis envellecidas da provincia e,

precisamente por isto, presentan unhas maiores necesidades que deben ser atendidas coa correspondente colaboración e dotación de fondos do Goberno galego coas administracións locais”, manifestou o representante autonómico.


A través do Plan Concertado, a Consellería de Política Social vai destinar este ano

509.945 euros aos concellos de Deza e Tabeirós-Montes para financiar os salarios de 24 técnicos e traballadores sociais. Deste xeito, Lalín recibirá 165.367 euros para os seus

sete traballadores e o desenvolvemento do SAF básico e de programas de inclusión, A

Estrada disporá de 160.202 euros para o sostemento do mesmo plantel e iniciativas de

atención social, mentres que Silleda recibirá 50.445 euros para os seus tres traballadores

sociais tras a recente incorporación dun máis.


Pola súa banda, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces percibirán 40.422 euros, 34.105 euros

e 25.774 euros, respectivamente, para afrontar os gastos de dous traballadores, no caso

dos dous primeiros municipios, e dun no caso do termo de Carbia. Nos tres casos recibirán

tamén outras partidas para a realización de programas de inclusión. Finalmente, Forcarei e

Dozón disporán de 16.815 euros cada un con este Plan Concertado para financiar aos

seus respectivos traballadores sociais.

No que se refire ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, a Consellería de Política

Social destina 3.351.888 euros a estes oito concellos por exercicio para sufragar a

prestación de 279.324 horas anuais de atención domiciliaria de 425 beneficiarios. O

desglose desta achega distribúese do seguinte xeito:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page