top of page

A Xuntanza das Persoas Maiores de Dozón será o 18 de agosto

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A retirada das entradas poderá facerse ata o día 16


Laura Moure/Dozón

O Concello de Dozón anuncia que a Xuntanza das Persoas Maiores será o venres 18 de agosto na Pena de Francia e poderán participar gratuitamente todos os veciños e veciñas empadroados/as maiores de 60 anos de idade.

O Santuario da Pena de Francia. Fonte: Concello de Dozón.

Para asistir ao xantar, simplemente é necesario recoller previamente nas dependencias municipais a invitación correspondente, que se deberá entregar ese día á organización. A recollida de entradas poderá facerse ata o 16 deste mes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

A cita arrancará ás 13:00 horas cunha misa no santuario e seguidamente, sobre ás 14 horas, terá lugar o xantar. Como cada ano entregarase un premio ao home e á muller de maior idade e a xornada festiva estará amenizada por Antonio Barros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page