top of page

A Xunta visita as dúas casas do maior de Rodeiro, que ofrecen atención diúrna gratuíta a 10 veciños

Ecos da Comarca/Rodeiro

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, achegouse este venres ao concello de Rodeiro para coñecer as dúas casas do maior que están abertas ao público. Durante a visita, destacou que grazas a estes recursos os veciños do municipio contan con dous servizos totalmente gratuítos de atención a maiores.

Durante a mañá, o director xeral coñeceu as instalacións da casa do maior Os Cambotes, situada na Rúa B e aberta ao público desde 2024, e a casa do maior Val de Camba, situada na Estrada xeral e que se puxo en marcha este mesmo ano. Ambos recursos ofrecen unha atención gratuíta e diúrna a unha decena de veciños. Así mesmo, sinalou que estas casas son un recurso fundamental para impulsar a conciliación familiar nas zonas rurais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta liña, Antón Acevedo destacou que se trata dun servizo fundamental para garantir a mellor atención e coidado aos maiores das zonas máis despoboadas e lembrou que forma parte da aposta da Xunta de Galicia para posibilitar o envellecemento activo e o benestar das persoas da terceira idade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As dúas casas do maior de Rodeiro súmanse a outras existentes na comarca do Deza, que conta con outros dous recursos en Agolada e Dozón. Nestes momentos, en Galicia hai máis de 140 casas do maior en funcionamento e está aberta, ata o 23 de xullo, a convocatoria para a creación doutras 20 neste ano. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page