top of page

A Xunta traslada o seu apoio ao complexo hoteleiro La Cabaña de Palas de Rei que ardeu hai uns días

Laura Moure/Palas de Rei

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, trasladou este xoves, no concello de Palas de Rei, todo o apoio da Xunta aos responsables e traballadores do complexo hoteleiro La Cabaña, que resultou afectado polo incendio declarado a pasada semana, para que poidan recuperar canto antes toda a súa actividade.

O incendio provocou danos cuantiosos.

Nunha xuntanza, na que estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o vicepresidente segundo explicou que, neste momento, estase na fase de facer balance dos danos para cuantificar perdas e, a partir de aí, avaliar o xeito de poder seguir ofrecendo algún tipo de servizo. O complexo conta con seis empregados e ofrecía servizos de bar, restaurante -con capacidade para máis de 200 persoas- e aloxamento con 64 prazas.

Segundo avanzou Conde, aínda que agora teñen que tomar parte as aseguradoras, a Xunta de Galicia ponse á súa disposición para ofrecer o asesoramento que precisen. Tamén comprometeu os apoios necesarios para a empresa- mentres non se executen as pólizas de seguro- a través dos préstamos estratéxicos para pemes, cunha bonificación da taxa de interese.

O vicepresidente económico recoñeceu que un suceso así, do que afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, vén complicar aínda máis a difícil situación pola que está pasando o tecido empresarial, e especialmente o hostaleiro, derivado tanto das consecuencias da pandemia como pola crise enerxética e de subministracións. Por iso, expresou o seu desexo de que La Cabaña poida retomar canto antes a súa actividade e minimizar así o máximo posible as perdas.

Durante este encontro en Palas de Rei, Conde aproveitou tamén para agradecer, en nome da Xunta de Galicia, a rápida actuación dos equipos de extinción, corpos e forzas de seguridade e a coordinación coa que actuaron todas as administracións implicadas.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page