top of page

A Xunta suma en Lalín apoios ao protocolo contra violencias sexuais e LGTBIfóbicas

 O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse onte con empresarios do ocio nocturno desta localidade


Laura Moure/Lalín

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse onte con empresarios do ocio nocturno de Lalín. Neste encontro tamén participou o alcalde, José Crespo, a tenente alcalde, Paz Pérez, a concelleira de igualdade, Carmen Canda, e o de Seguridade Cidadá, Pablo Areán, e o obxectivo é promover a adhesión de máis locais ao Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas promovido pola Xunta de Galicia.

ree

O protocolo establece unhas pautas e unha guía de actuación no caso de producirse unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI mentres desfrutan no interior dos locais. Dende o mes de xuño, este protocolo está incluído no programa obrigatorio para obter o título de Controlador de accesos en Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, Roberto Barba sinalou que se trata dun procedemento sinxelo e no que en todo momento os profesionais deste sector contarán co asesoramento da Administración autonómica para facilitar a súa implementación.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste senso, o director xeral fixo fincapé na importancia de sumar esforzos na loita contra calquera tipo de violencia para que o lecer nocturno sexa un espazo seguro de convivencia. Así mesmo, Roberto Barba destacou a importancia de adherirse a este protocolo unificado en Galicia que garante unha resposta rápida e coordinada ante calquera agresión.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page