top of page

A Xunta subliña en Lalín o papel protagonista da muller no rural galego

A conselleira do Medio Rural e a directora xeral de Promoción da Igualdade participaron en Lalín na clausura do I Encontro adicado á Muller Rural


Laura Moure/Lalín

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou onte na clausura do I Encontro adicado á Muller Rural celebrado en Lalín. Neste acto, no que tamén estivo presente o alcalde, José Crespo, a conselleira subliñou o papel das mulleres rurais e a súa contribución ao sector agrogandeiro galego. Enmarcou este evento nos actos conmemorativos polo Día Internacional da Muller Rural e, neste contexto, reafirmou o compromiso da Xunta coa igualdade plena en todos os ámbitos.

Cómpre recordar, neste sentido, que o Goberno galego está tramitando na actualidade os estatutos das mulleres do rural e do sector marítimo-pesqueiro, así como o Observatorio

das Mulleres Rurais e do Mar de Galicia. Trátase dun paquete de normas que teñen como

obxectivo garantir a igualdade efectiva de mulleres e homes no medio rural e no sector agrogandeiro.


As finalidades concretas pasan por recoñecer o papel das mulleres que viven e traballan

no rural; visibilizar a súa contribución ao desenvolvemento territorial e garantir o seu

acceso en igualdade a dereitos, oportunidades e recursos; e establecer medidas para

fomentar o emprego, a formación, a conciliación, a saúde laboral e o emprendemento

feminino.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, a conselleira tamén lembrou os diferentes apoios da Consellería para favorecer a incorporación das mulleres, especialmente das mozas, ao campo.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, a directora xeral de Promoción da Igualdade recalcou que nos últimos anos houbo moitos avances, ao tempo que explicou que aínda queda moito traballo por facer. Nesta liña, abordou a importancia de visibilizar e apoiar proxectos profesionais impulsados por mulleres que dan vida e continuidade ao mundo rural e para o que é

imprescindible a colaboración interinstitucional. María Quintiana recordou que desde a

Xunta se están dando pasos para apoiar o emprendemento feminino no rural, en sectores

masculinizados e en proxectos liderados por mulleres de máis de 55 anos, a través de

programas como as axudas Emega.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page