top of page

A Xunta sortea unha vivenda de promoción pública en Melide entre os demandantes inscritos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

No sorteo, que se fará mañá, 8 de xuño, seleccionaranse cinco solicitantes e os que non resulten adxudicatarios quedarán nunha lista de agarda para futuras vacantes


Laura Moure/Melide

A Xunta de Galicia realizará mañá, día 8 de xuño, o sorteo ante notaría dunha vivenda de promoción pública (VPP) no concello de Melide. Concretamente, trátase dunha vivenda que xa fora adxudicada con anterioridade e que agora se volve adxudicar unha vez que volveu a mans da Xunta.


A vivenda, emprazada na rúa José Cándido Paz Ares número 4, dispón de tres dormitorios, cunha superficie útil total de 79,32 metros cadrados. Ademais, conta cunha praza de garaxe e rocho.


No sorteo para proceder á súa adxudicación entrarán todos os solicitantes de vivenda protexida inscritos en Melide no Rexistro de Demandantes de Vivenda. De entre todos eles, seleccionarase a un total de cinco, quedando en lista de agarda para futuras vacantes aquelas persoas seleccionadas que non resulten adxudicatarias desta vivenda.

A ubicación no mapa da zona onde se sitúa a vivenda que se sorteará.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page