top of page

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta de Touro pola protección da paisaxe

Enrique de Salvador lembra que a concesión deste recoñecemento dá visibilidade aos concellos como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas ambientais e paisaxísticas


Ecos da Comarca/Touro

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor "a aposta do Concello de Touro pola protección da paisaxe e do medio ambiente". Durante o acto de izado deste distintivo na casa consistorial, o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, subliñou que é a segunda vez que este municipio coruñés logra este recoñecemento "ao seu compromiso coa conservación ambiental e paisaxística". Nese senso, incidiu en que cada vez son máis os concellos que acadan este recoñecemento.

Así, en 2025 o Goberno galego concedeu 33 galardóns fronte aos 24 do ano anterior.

Máis polo miúdo, o director salientou algunhas das accións que o concello presentou na súa candidatura como a renovación da iluminación no pavillón polideportivo municipal coa substitución do alumeado existente por luminarias LED de alta eficiencia, ou a mellora da conectividade natural na contorna de Fonte Díaz.


A maiores, ademais de traballar na preservación dos hábitats naturais e na mellora das áreas de uso recreativo con accións como a limpeza de espazos degradados ou o control de especies invasoras, o Concello impulsa un programa de compostaxe domiciliaria e comunitaria coa entrega de 65 novos composteiros domésticos para promover o compromiso veciñal coa sostibilidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tal e como lembrou Enrique de Salvador, a Bandeira Verde de Galicia ten unha grande importancia pola visibilidade que lles outorga os municipios como territorios responsables e comprometidos co impulso de diferentes tipos de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e sensibilizar á cidadanía nesta materia.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Cómpre lembrar que contar con este distintivo supón un mérito adicional para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e, tamén, para recibir axudas autonómicas para construír e mellorar puntos limpos fixos, instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page