A Xunta saca a contratación o cambio de cuberta do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide
- Laura Moure

- 24 may
- 2 min de lectura
A actuación contará cun orzamento de case 450.000 euros
Laura Moure/Melide
A Xunta de Galicia está a licitar un novo paquete de 22 obras en centros educativos, entre eles un de Melide, por máis de 5 M€. Súmase ás 16 primeiras intervencións do ano, que teñen xa todas elas empresa adxudicataria, elevando así a 38 as novas actuacións impulsadas desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no que vai de 2026, por un importe de máis de 21 M€.

As novas intervencións son, fundamentalmente cambios de cubertas, dirixidos a mellorar a eficiencia enerxética dos centros, e instalacións de ascensores, en prol dunha maior accesibilidade. Máis do 80%, 18 delas, están xa licitadas, mentres que as catro restantes se sacarán a contratación ao longo das próximas semanas.
Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa figura entre as actuacións o cambio de cuberta por 447.738,10 € do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide.
PUBLICIDADE
En paralelo, continúanse executándose obras anteriores grazas á intensa aposta que a Xunta está a facer pola modernización dos centros educativos a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica iniciado en 2021 e que xa supera as 3.000 intervencións.
PUBLICIDADE
Máis de 73 M€ este ano
Cómpre lembrar que os Orzamentos da Consellería deste ano contemplan unha partida de 73,6 M€, un 4% máis, para obras en centros de ensino de todo o territorio galego. Isto inclúe tamén as anualidades de actuacións tan importantes como o Instituto Domingo Villar (17,8 M€), no barrio vigués de Navia, que acaba de comezar a construírse, así como do novo Colexio do Milladoiro (Ames, 11,6 M€), no que avanzan xa as obras.








Comentarios