top of page

A Xunta súmase ás homenaxes ao Matemático Rodríguez como científico do ano

  • 10 sept. 2024
  • 2 Min. de lectura

Xunto coa Real Academia Galega de Ciencias colaborará na divulgación da obra deste ilustre veciño de Bermés, Lalín, cunha exposición


Laura Moure/Lalín

O Consello deu luz verde ao convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para impulsar a exposición José Rodríguez, o matemático do Bermés, unha iniciativa con que a Xunta se suma ás celebracións que homenaxean ao longo deste ano ao Matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento.

Busto do Matemático Rodríguez en Bermés.

Esta iniciativa, a través das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Cultura, Lingua e Xuventude, contará cun financiamento de 65.000 euros co obxectivo de divulgar e dar a coñecer a figura e a obra do científico galego José Rodríguez coincidindo co 200 aniversario do seu falecemento. A exposición coincide co nomeamento deste ilustre veciño de Bermés (Lalín) como o científico galego do ano 2024.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Enmarcada nas actividades do Día da Ciencia en Galicia, unha celebración promovida pola RAGC, este traballo reivindica o valor da investigación científica a través de figuras destacadas como é o caso do Matemático Rodríguez. A mostra, que será itinerante, comezará o seu percorrido en Santiago de Compostela para despois viaxar ata Lalín -municipio que o viu nacer- e a Madrid.


osé Rodríguez, o matemático do Bermés pretende achegar ao público xeral o legado dun dos matemáticos máis relevantes de Galicia. José Rodríguez González destacou no século XIX polo seu traballo en diferentes ramas das Matemáticas e pola súa contribución ao desenvolvemento científico da súa época.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Promoción do talento galego 

Con esta mostra a Xunta de Galicia avanza na promoción do talento galego e na divulgación da nosa historia científica e cultural. Para iso, o convenio tamén establece as condicións de colaboración entre as distintas consellerías implicadas e a RAGC, permitindo que esta última dispoña dos fondos necesarios para a organización da exposición. Este proxecto subliña a importancia de preservar e difundir a memoria dos grandes científicos galegos, asegurando así que as novas xeracións coñezan e valoren a súa contribución ao avance do coñecemento.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page