top of page

A Xunta rexeita as inversións propostas polo PSdeG para Melide nos orzamentos do ano 2022

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A recondución das augas do polígono empresarial á EDAR, a construción dun patio cuberto no colexio da Martagona e a mellora da praia fluvial, non foran aceptadas


Ecos da Comarca/Melide

O Parlamento galego aprobou o pasado martes 21 de decembro os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2022 e no trámite parlamentario, non foron aceptadas ningunhas das tres propostas do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE en relación a Melide, tal e como lamentan os socialistas melidenses.


O proxecto de recondución das augas residuais do polígono empresarial á EDAR, era a proposta de maior contía con 1,5 millóns de euros, e prende solucionar un problema que Melide leva arrastrando dende que se construíu e ampliou o polígono por parte da Xunta, sen ningún tipo de sistema de depuración. “A ausencia de compromiso da Xunta para resolver a falta dun sistema de depuración no parque empresarial é total, aos atrancos administrativos hai que sumar a ausencia de investimentos”, sinala o voceiro socialista, José Prado. “Dende ano 2012 que se instaurou o Canon de Saneamento, os melidenses levamos pagados máis de 1 millón de euros ás arcas autonómicas, e sumando que é a Xunta a que administra os fondos europeos para inversións en saneamento, pódese concluír que Melide está esquecido en canto a inversións”.


A construción dun patio cuberto no colexio da Martagona é unha demanda longamente reclamada pola comunidade educativa, "xa que a súa falta, obriga a que os alumnos teñan que pasar moitos recreos nas aulas ou nos pasillos do centro", indica.


O acondicionamento da praia fluvial do río Furelos foi a terceira proposta dos socialistas. "Neste caso para tentar resolver definitivamente o problema polo risco da falta de calidade das augas de baño, que aínda que na tempada do 2021 foi “suficiente”, dende o ano 2017 levaba sendo “insuficiente”".


A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo, encargada de defender as propostas e José A. Prado, S. Xeral do PSdeG local, lamentan a falta de compromiso do Goberno galego con Melide e advirten que continuaran traballando para defender os intereses do pobo ante a administración autonómica.

Begoña Rodríguez e José Prado.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page