top of page

A Xunta remata a construción da pasarela sobre a presa da lagoa na estrada AC-934 en Sobrado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación coincide cun treito do Camiño do Norte e supuxo un investimento de 310.000 €


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A Xunta acaba de rematar a execución dunha pasarela na estrada AC-934, sobre a presa da lagoa de Sobrado dos Monxes, no Camiño do Norte, que supuxo un investimento de máis de 310.000 euros.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Habilitouse unha pasarela nun treito de 155 metros co obxectivo de resolver a mobilidade a pé nese punto, xa que os peóns carecían de espazo axeitado para desprazarse con seguridade, tendo que empregar a propia vía. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Executouse unha pasarela con estrutura prefabricada, ancorada á estrada a través dos ocos existentes entre os peitorís de pedra da vía. 


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Esta actuación foi acordada coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza e coa Sociedade Galega de Historia Natural, ao estar na zona da lagoa. Así, a pasarela executouse polo lado oposto á lagoa.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page