top of page

A Xunta reforza no Pino a seguridade no Camiño a través da colaboración con Cruz Vermella

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Alfonso Rueda participou hoxe na presentación deste programa que funcionará este mes no Camiño Francés coa previsión de prorrogarse e estenderse a outras rutas en 2022


Laura Moure/O Pino

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do programa de colaboración entre a Xunta con Mapfre e Cruz Vermella para dar asistencia a situacións de potencial emerxencia en puntos do Camiño Francés, na que tamén participaron a presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro Rojo, e a directora xeral de Relacións Externas e Comunicación de Mapfre, Eva Piera. Trátase dunha experiencia piloto posta en marcha este mes de agosto nesta ruta, que concentra máis da metade dos peregrinos que chegan a Santiago, coa previsión, de prolongar a iniciativa en 2022 e estendela a outros itinerarios. O acordo inclúe patrullas móbiles de socorristas que percorrerán o Camiño polas mañás de mércores a domingo en bicicleta para prestar acompañamento, asistencia e asesoramento aos peregrinos, mentres que polas tardes funcionarán os puntos fixos de asistencia en Portomarín, O Pino e no Monte do Gozo.

Tanto os postos como as patrullas estarán a disposición dos camiñantes para o que precisen e o persoal -cinco socorristas e unha coordinadora do operativo- contarán coa formación e os materiais necesarios para a prestación de primeiros auxilios. O dispositivo complétase cun vehículo de apoio dotado co equipamento preciso para dar resposta a situacións que superen o nivel de asistencia das patrullas.


Alfonso Rueda incidiu en que o traballo da Xunta para contar cun Camiño Seguro con tódolos trazados acondicionados e melloras nos albergues permitiu a súa reactivación neste Xacobeo 21-22 coa chegada de máis de 80.000 peregrinos. Nesta liña, destacou a aplicación de tódolos protocolos anticovid nas rutas e o reforzo da seguridade coa vixilancia por parte das forzas de corpos de seguridade, así como a través da posta en marcha do Plan de Protección Civil de atención ao peregrino con voluntarios despregados en máis dun cento de concellos. A eles uniranse agora estes efectivos da Cruz Vermella para garantir a mellor atención aos peregrinos.


Nese obxectivo da Xunta apostar pola mensaxe de Galicia como destino seguro e cun Camiño Seguro, o vicepresidente primeiro lembrou que tanto turistas como peregrinos teñen á súa disposición o seguro coronavirus, unha medida pioneira que cubre os gastos sanitarios e de aloxamento derivados da posible situación de infección por covid-19.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page