top of page

A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras de renovación extraordinaria do firme da autovía Dozón-Ourense, entre o enlace de Cea e a A-52

Esta actuación na AG-53 conta cun orzamento de máis de 5,2 M€


Ecos da Comarca/Dozón

A Xunta vén de recibir seis ofertas de empresas para executar as obras da renovación extraordinaria do firme da autovía autonómica Dozón-Ourense (AG-53), entre o enlace de Cea e a A-52.

Foto de arquivo.

Esta actuación, licitada por un orzamento de máis de 5,2 M€ centrarase na reparación do pavimento existente e o estendido dunha nova capa de rodaxe sobre toda a superficie de calzada do treito de 13 km entre o enlace de Cea, no quilómetro 74+200, e o final da autovía, no enlace coa estrada autonómica OU-402 e a A-52, no punto 87+200.


Publicidade

As obras licitadas, que contarán cun prazo de execución de 6 meses, executaranse neste treito da autovía, de dobre calzada con 2 carrís de 3,5 metros, beiravías exteriores de 2,5 metros e beiravías interiores de 1 metro.


Publicidade

Os traballos incluirán intervencións nunha superficie aproximada de 273.000 m2, incluídos os ramais do enlace coa OU-402 e coa A-52, ademais duns 10.000 m2 en carrís adicionais.


O adxudicatario deste contrato tamén deberá revisar a adecuación das barreiras de seguridade á normativa vixente, tanto metálicas como de formigón, incluída a barreira existente na mediana, acometéndose as modificacións precisas para a súa adaptación en caso contrario.


Publicidade

Finalmente os traballos completaranse co repintado das marcas viarias e a reposición do balizamento afectado polas obras.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page