top of page

A Xunta recibe 14 ofertas para o mantemento da autovía Dozón-Ourense nos vindeiros catro anos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Dozón

A Xunta recibiu 14 ofertas para levar a cabo o contrato de conservación e mantemento da autovía Dozón-Ourense (AG-53) e do seu ramal cara ao Carballiño (AG-54) para os vindeiros catro anos, que suporán un investimento autonómico de máis de 7,6 millóns de euros.


Este servizo inclúe as tarefas de conservación ordinaria e de vialidade invernal nestas vías de alta capacidade de titularidade autonómica. As actuacións obxecto deste programa levaranse a cabo no tronco da AG-53, no ramal cara ao Carballiño (AG-54) e en todos os ramais de enlace e camiños de servizo e cruces coas citadas infraestruturas.


As actividades desenvolveranse tendo como base o centro de control e explotación existente no enlace coa estrada OU-504 en Cea, á altura do punto quilométrico 73,2 da AG-53. Os traballos que debe realizar o adxudicatario prevén tarefas de vialidade destinadas a facilitar a circulación dos vehículos nestas vías en condicións axeitadas de seguridade e fluidez.


O contrato tamén abrangue as actividades de conservación ordinaria dirixidas a manter en boas condicións as características funcionais ou estruturais dos elementos da estrada e a corrixir os impactos negativos que poidan dificultar a correcta realización da súa función.

Ademais, a empresa adxudicataria deberá realizar as actividades de conservación extraordinaria destinadas a pór en situación inicial as características dos elementos da estrada, ou no seu caso, a mellorar os estándares iniciais.


Este contrato súmase aos impulsados pola Xunta para asegurar a conservación e a vialidade invernal na rede autonómica de estradas convencionais durante os vindeiros catro anos, recentemente licitados por importe de máis de 130 millóns de euros.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page