top of page

A Xunta reanuda este mércores a administración da vacina de AstraZeneca

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Reanúdase onde quedou, cos grupos 3B, 3C e 6 e ampliará o grupo de idade ata os menores de 65 anos


Laura Moure

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou onte pola tarde, por videoconferencia, nunha nova xuntanza do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que se acordou retomar a vacinación coa vacina de AstraZeneca, ampliando o grupo de idade ata os menores de 65 anos.


A vacinación con AstraZeneca reanudarase este mércores. En concreto, contémplase retomala onde se parou, cos grupos 3B (Persoal implicado na xestión e resposta da pandemia), 3C (resto de persoal sanitario e sociosanitario non vacinado con anterioridade e 6 (Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Local, Bombeiros, etc). O Sergas irá incorporando a este proceso aos menores de 65 anos, ao ritmo que marque a chegada de viais.


O número de vacinas de AstraZeneca que chegaron a Galicia esta semana foi o 57% do previsto, en total chegaron algo máis de 12.000 vacinas. O departamento sanitario galego comezará hoxe a realizar as citacións para retomar a vacinación con AstraZeneca este mércores.


Ata actualidade, a Xunta de Galicia leva administradas un total de 385.613 doses, un total de 119.941 persoas teñen a pauta completa.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page