top of page

A Xunta realizará o xoves e venres probas de funcionamento das sirenas en presas das comarcas

22 jun
1 min de lectura

Teñen como obxectivos que poboación se familiarice co este son e comprobar o correcto funcionamento dos sistemas de activación


Laura Moure/Xeral

A Xunta ten previsto realizar estes xoves e venres, días 25 e 26 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia, entre eles nos concellos de Arzúa, Touro, Vila de Cruces e Silleda. Estas probas teñen un dobre obxectivo; por un lado, que a poboación das zonas afectadas e os medios e recursos adscritos ao plan Inungal se familiaricen co son das sirenas e, por outra banda, comprobar o correcto funcionamento dos sistemas de activación.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.


Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.


Das comarcas serán:

25/06/2026

12:30

BRANDARIZ

Touro, Vila de Cruces

25/06/2026

13:00

PORTODEMOUROS

Vila de Cruces, Arzúa

26/06/2026

10:30

TOURO

Vila de Cruces, Touro, Silleda


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page