top of page

A Xunta realiza martes e mércores probas de das sirenas de aviso á poboación de 41 presas galegas

Escoitaranse nos concellos de Arzúa, Touro, Silleda e Vila de Cruces


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia. Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia, algunhas delas nas comarcas de Arzúa e Deza.

En concreto, o martes 17 destas comarcas, afectará á presa de Portodemouros, en Arzúa e Vila de Cruces, ás 12:30 horas; e á presa de Brandariz, que se escoitaran en Touro e Vila de Cruces, ás 13 horas.


E o día seguinte á PEP de Touro, polo tanto escoitarase nos concellos de Touro, Arzúa e Silleda, ás 10 horas.


Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.


Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page