top of page

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Furelos, ao seu paso por Melide

As tarefas céntranse nun treito de case 230 metros na parroquia de San Pedro de Melide e inclúen a retirada de árbores e biomasa caídos na canle para evitar atoamentos


Ecos da Comarca/Melide

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar este venres actuacións de conservación e mantemento no río Furelos, ao seu paso polo municipio de Melide. Concretamente, os traballos desenvolveranse nun tramo de 228 metros localizado na parroquia de San Pedro de Melide, lugar de Petos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As actuacións sobre o terreo, que xa foron comunicadas ao concello, consisten na retirada de árbores e biomasa presentes no leito do río para evitar atoamentos e prolongaranse durante aproximadamente unha semana. Para realizar estes traballos, o persoal está a empregar motoserras e ferramentas manuais ademais dun tractor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Publicidade

Preme na imaxe para consultar programa e horarios.

Unha vez finalizadas as obras previstas para os vindeiros días, este tramo do río Furelos quedará despexado dos obstáculos e materiais que dificultaban a circulación fluída e con normalidade das súas augas.


Cómpre lembrar que o organismo autonómico desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O obxectivo é avanzar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page