top of page

A Xunta publica hoxe a listaxe provisional de admitidos nas súas escolas infantís

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O martes, día 7 de maio, abrirase un prazo de cinco días hábiles para presentar alegacións


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia publicará hoxe, luns, a listaxe provisional de admitidos nas súas escolas infantís para o curso 2024-2025, que se poderá consultar na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade. A partir do martes día 7 de maio e a ata o luns 13 abrirase un período para presentar alegacións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As listaxes definitivas de admitidos nas máis de 170 escolas infantís da rede pública autonómica daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, unha vez feito o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas. Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos seus fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 anos da Xunta está fixado para o 6 de setembro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Gratuidade

No curso 2024-2025 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100% do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e once meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública da Xunta como nas que dependen dos Concellos, nas de iniciativa social e nas privadas adheridas ao programa de gratuidade do Goberno galego.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page