top of page

A Xunta prorroga por 2 anos o informe ambiental e estratéxico para un novo espazo industrial en Melide

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide informa que "a Xunta prorroga por dous anos o informe ambiental

estratéxico para habilitar un novo espazo de uso industrial en Melide ante a falta de avances do Concello". A resolución, apunta, "dá resposta á solicitude presentada esta mesma semana polo Goberno local e evita que o informe perda a súa vixencia despois de que en seis anos o Executivo melidense non lograse aprobar a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento á que fai referencia".

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia, sinalan os populares melidenses, "acordou hoxe (polo venres) prorrogar por un prazo máximo de dous anos a vixencia do informe ambiental estratéxico relativo á Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a delimitación dun sector de solo urbanizable de uso industrial no concello de Melide".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Esta prórroga, que dá resposta á solicitude presentada esta mesma semana polo Goberno local, empezará a contar desde o día 5 de xullo e evita a caducidade do informe ambiental inicial emitido polo Executivo galego, que saíu publicado no Diario Oficial de Galicia do 5 de xullo de 2019 ante a falta de avances na tramitación desa modificación. Ese informe de 2019 xa recollía que perdería a súa vixencia e cesaría na produción

dos seus efectos se non se aprobaba o planeamento no prazo máximo de seis anos

desde a publicación no DOG, cousa que o Goberno local de Melide non fixo", acusa o PP.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Agardamos que o Concello tome nota a partir de agora e traballe para aprobar o planeamento deste sector de solo de uso industrial o antes posible, pois non é de recibo que seis anos foran insuficientes para poder materializar unha cuestión importante para o desenvolvemento industrial do municipio. De feito, en caso de que o informe ambiental estratéxico perda vixencia polo transcurso da prórroga, o promotor -o Concello- debería iniciar de novo o procedemento de avaliación ambiental estratéxica".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page