Na actualidade dispón de seis membros
Laura Moure/Lalín
A Xunta proporá mañá na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas as deputacións provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), aumentar o persoal para que tódolos GES teñan 12 efectivos, o que suporía contar con 48 persoas máis para distribuír entre os grupos de toda Galicia que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6, 9 ou 10 membros.
Na provincia de Pontevedra esta medida aplicaríase nos GES de Lalín e A Estrada, que contan con 6 e 10 membros respectivamente e tamén no de Mos/Redondela, creado este ano e que conta con 6 integrantes en cada unha das subsedes, polo que en total os novos
efectivos na comunidade serían 48 equivalentes a catro GES completos.
Ademais, prevese actualizar os custos salariais dos efectivos co obxectivo de adaptalos ao
custo real dos GES na actualidade, tendo en conta o aumento desde que asinou o primeiro convenio entre a Xunta, as deputacións e os concellos en 2013.
Deste xeito, tendo en conta que a Xunta financia máis da metade do custo dos GES, estas
cuestións suporán un incremento de máis de 1,5 millóns de euros anuais na aportación por
parte do Goberno galego que podería financiarse a través do Fondo de Cooperación Local
(FCL) aumentando a partida dedicada aos servizos de emerxencia.
Comments