top of page

A Xunta prohibe dende este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a

partir do 30 de maio


Laura Moure/Xeral

A partir deste xoves, 30 de maio, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia ata novo aviso. Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir do xoves. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas

relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio

rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas

cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que

extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña

coñecemento, dado que desde este xoves e ata novo aviso non está permitido o uso do

lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería

lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que

deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page