Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta programa para o vindeiro 6 de setembro un curso sobre castiñeiro de froito en Silleda

Esta acción formativa xirará arredor da planificación das plantacións destas árbores en función das zonas e do destino final do produto


Laura Moure/Silleda

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), programou para o vindeiro luns, día 6 de setembro, un curso sobre castiñeiro de froito en Silleda (Pontevedra). Esta acción formativa desenvolverase no local social de Abades en horario de tarde (entre as 18:00 e as 22:00 horas).

O obxectivo principal é capacitar aos alumnos para que sexan quen de planificar as plantacións destas árbores en función das zonas e do destino final do produto. Trátase tamén de complementar a formación impartida para manter ao día aos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, tratamentos ou tendencias técnicas do mercado. O programa deste curso inclúe materias como a planificación, a repoboación, a plantación, o peche perimetral e outras recomendacións, caso do rego ou a fertilización.


A acción formativa vai dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.


Todos os interesados poderán anotarse neste curso cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal ou info@castanadegalicia.org. Tamén poden chamar ao número 881 997 279 para máis información.


Por medio de accións formativas como estas, que se enmarcan no plan de formación continua 2021 da Agacal, a Xunta aposta pola continua profesionalización do sector. Así, preténdese mellorar a produtividade, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional co fin de consolidar un modelo produtivo sólido e sustentable do agro galego. Cabe engadir que os interesados poden consultar todas as accións formativas e de transferencia organizadas pola Consellería do Medio Rural neste ano 2021 no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.

22 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE