A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou este venres no evento ‘Márketing dixital: claves para vender de forma irresistible’
Laura Moure/Melide
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou este venres no evento Márketing dixital: claves para vender de forma irresistible organizado desde o Polo de emprendemento de Melide. Alí, destacou os arredor de medio cento de proxectos atendidos por este centro, o 60% deles impulsados por mulleres. A actividade está orientada a poñer en valor o márketing dixital para o crecemento e a consolidación de proxectos emprendedores. Así, búscase fomentar o intercambio de opinións entre persoas emprendedoras e empresarias, visibilizando iniciativas de diferentes sectores nas que o márketing dixital é unha ferramenta esencial de venda.
O encontro tamén serve para dar a coñecer a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que presta asesoramento individualizado e gratuíto en calquera fase en que se atopen os proxectos empresariais, co obxectivo de xerar riqueza, dinamizar a economía e fixar poboación especialmente no rural.
Publicidade
Estes centros levan atendido máis de 1.300 proxectos en toda Galicia, dos que arredor de medio cento corresponden ao Polo de Melide. Entre as iniciativas, predominan as relacionadas coa hostalaría, seguidas do sector servizos e das actividades sanitarias e de servizos sociais.
Axudas ao emprendemento
A directora xeral lembrou que -entre outros apoios- está aberto o prazo para que persoas traballadoras autónomas, mutualistas, pemes e entidades de economía social poidan solicitar as axudas ao emprendemento dotadas cun orzamento de 6,5 millóns de euros. Con elas, o Goberno galego busca impulsar as iniciativas, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á mellora da súa competitividade, indicou.
Publicidade
As achegas van dos 3.000€ aos 30.900€ (en función da magnitude do investimento realizado) para dar cobertura, entre outros, a gastos vencellados co proxecto empresarial en materia de equipamento informático, eficiencia enerxética, equipamento e mobiliario, ou na reforma das instalacións.
Comments