top of page

A Xunta pon a exposición pública os terreos da Área Recreativa "O Abeseiro" en Vila de Cruces

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello cruceño tilda isto "dunha excelente noticia xa que a creación de áreas recreativas é fundamental para mellorar a calidade de vida da nosa vila"


Laura Moure/Vila de Cruces

A Xunta puxo a exposición pública os terreos necesarios para a creación da nova Área Recreativa de "O Abeseiro" e procederase á cualificación dos 16.476 m2 como zona verde do sistema local de espazos libres, tal e como informa o Concello cruceño e tilda isto de "excelente noticia".

Desde este martes e ata o 1 de xuño, a Consellería de Medio Ambiente expoñerá ao público o documento ambiental estratéxico do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) “O Abeseiro”, o que permitirá a Vila de Cruces dispor de máis espazo verde de lecer nesta parroquia de Toiriz.


"Este anuncio é un gran paso adiante para Vila de Cruces, xa que a creación de áreas recreativas é fundamental para mellorar a calidade de vida da nosa vila. A promoción de actividades ao aire libre e da vida saudable son elementos clave para o benestar da nosa poboación, especialmente para aqueles veciños maiores, que representan o 70% da nosa comunidade", subliña o ente local. "A zona verde de "O Abeseiro" será unha adición valiosa ás nosas áreas recreativas existentes, as cales estamos ampliando".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ante isto, sinala que "agradecemos á Xunta o seu compromiso co benestar da nosa comunidade e esperamos traballar con eles no futuro. O Concello de Vila de Cruces será un referente de lecer na comarca con esta iniciativa liderada por Luis Taboada para mellorar e poñer en valor as áreas recreativas da nosa comunidade. Cunha inversión de máis de 200.000 euros, a creación da área recreativa de "O Abeseiro" é un proxecto ambicioso que beneficiará a todos os cruceños e cruceñas".


E recalca que "dende goberno de Xuntos están emocionados de compartir esta nova cos veciños e veciñas, e seguiran traballando para facer de Vila de Cruces unha vila máis saudable".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page