top of page

A Xunta permite solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais

Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido ás condicións meteorolóxicas


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural permite desde hoxe, luns 21, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Así, os interesados poderán realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page