top of page

A Xunta mellora por 50.000 euros o camiño de Torre-Axiaz, en Rodeiro e Agolada

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso

público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da

provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros


Laura Moure/Agolada/Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de mellora da pavimentación do camiño municipal de Torre-Axiaz, unha actuación conxunta dos concellos de Rodeiro e Agolada que foi posible grazas a unha achega da Xunta de 50.000 euros.

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso

público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 18 concellos da

provincia de Pontevedra por valor de máis de 662.000 euros.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Os trabalos consistiron no fresado e reposición do firme desta vía e na mellora da drenaxe

da mesma, mediante a limpeza das marxes e a colocación dun tubo que permitirá una

mellor evacuación das augas pluviais.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de obras que “melloran a

seguridade viaria dos camiños rurais” e asegurou que “a Xunta seguirá apostando por

desenvolver liñas de colaboración cos concellos, porque eles son os que mellor coñecen

as necesidades dos seus veciños e veciñas”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page