top of page

A Xunta mellora o acceso aos puntos de vixilancia en tres distritos forestais, entre eles o de Deza-Tabeirós

As actuacións abranguen varias zonas dos concellos de Silleda, A Cañiza, As Neves, Gondomar, O Porriño, Soutomaior, Pazos de Borbén, Tomiño e Oia


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia traballa na mellora das pistas de acceso a puntos de vixilancia fixa en tres distritos forestais da provincia de Pontevedra. En concreto, as actuacións abranguen varias zonas dos concellos de Silleda, pertencente ao Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós; das localidades da Cañiza e As Neves, situadas no Distrito Forestal XVII O Condado-A Paradanta; e dos municipios de Gondomar, O Porriño, Soutomaior, Pazos de Borbén, Tomiño e Oia, que forman parte do Distrito Forestal XVIII Vigo-Baixo Miño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As obras, que contan cun orzamento de 140.000 euros, consisten na mellora de 12,8

quilómetros de pistas forestais que dan acceso a varios postos de vixilancia fixos que o

Servizo de Prevención de Incendios Forestais ten na provincia de Pontevedra.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Estes traballos inclúen a colocación de pasos de auga naqueles lugares onde son necesarios e contemplan a apertura de novas vías de comunicación e acceso ao monte -tamén a mellora das existentes-, co fin de facilitar o acceso no caso de incendio.


Neste sentido, faise unha roza previa das marxes destas pistas, cun posterior refino e

unha limpeza de cunetas con motoniveladora. En todas elas se realiza a mellora do firme

mediante a aplicación de grixo, co seu posterior compactado cun pisón. Nas pistas de

acceso aos puntos de vixilancia fixa de Espiño, Burgueira, Galiñeiro e Sanomedio

contémplase tamén o formigonado de pequenos tramos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cabe sinalar que a realización de actuacións destas características resulta fundamental na

loita contra os incendios, xa que facilitan o traballo de extinción e reforzan a seguridade

dos traballadores do servizo. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page