O delegado territorial visitou o avance das obras de reparación do firme e substitución da capa de rodadura na capital de Deza
Laura Moure/Lalín
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o avance das obras de renovación da capa de rodadura da Po- 206 ao seu paso por Lalín. Esta actuación permitirá mellorar máis de 16 quilómetros (PQ 0+000 – PQ 16+310) de vía entre os concellos de Lalín e Vila de Cruces e mellorar a súa seguridade. Para elo, ademais da substitución e reparación do firme e colocación dunha nova capa de rodadura, tamén se procederá á reposición das marcas viarias, así como os símbolos e cebreados e á colocación de elementos de bailzamento.

Cabe destacar que se trata dunha obra na que, ademais dos xa citados traballos na PO 206, tamén se mellorarán preto de 4,5 quilómetros (PQ 0+000 – PQ 4+500) da PO-905 ao
seu paso por Vila de Cruces. Ambos proxectos contan cun orzamento de máis de 2,6 millóns de euros, dos cales preto de 2,1 millóns corresponden ás actuacións da PO-206.
O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor o “traballo que se fai dende a
Xunta para garantir as boas condicións e a seguridade viaria nas vías de titularidade autonómica”.
Publicidade
Reguera rematou a visita lembrando algúns dos principais investimentos presentes nos orzamentos da Xunta para o ano 2025, aprobados hai apenas unhas semanas. Entre eles, destacou a ampliación do Polígono Lalín 2000, que conta cunha achega de 4,4 millóns de
euros; a mellora do edificio da consellería de Medio Rural, con 2,5 millóns de euros; as
obras no IES Ramón Aller, con 400.000 euros; as actuacións de mellora do camiño de
Santiago, con 290.000 euros; e o Plan Hurbe, con 260.000 euros.
“En total a Xunta orzamentou máis de 7,8 millóns de euros para o concello de Lalín e máis
de 37 millóns para o total da comarca do Deza-Tabeirós”, concluíu o delegado. Máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2025 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos aos que a cidadanía xa está habituada. Nomeadamente as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.
Comentarios