top of page

A Xunta licita por preto de 3,4 M€ a ampliación do Instituto Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín

Construirase un novo edifico de preto de 2.200 m² para aulas e talleres dos ciclos de FP da familia de Informática e comunicacións, así como un Polo Creativo


Laura Moure/Lalín

A Xunta vén de licitar por preto de 3,4M€ a ampliación do Instituto IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín. Deste xeito, dáse o impulso definitivo a esta actuación, logo de incrementar de xeito significativo o orzamento previsto inicialmente para esta obra (2,5M€), co obxectivo de cubrir as necesidades do centro.

A intervención, que ten un prazo de execución de 12 meses, consiste na construción dun novo edificio de 2.164 m² no que se situarán espazos para os ciclos da familia profesional de Informática e comunicacións, na que se centra a oferta do centro. A maiores, realizaranse intervencións puntuais nas edificacións existentes, como a apertura de xanelas e o acondicionamento dun almacén, entre outras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No que atinxe ao novo edificio, contará con tres plantas e estará dotado de aulas, talleres, laboratorio, un espazo de foro, diversos locais técnicos e un Polo Creativo, que dará servizo a todo o alumnado do instituto. Estará situado na zona sur da parcela, conectado ao edificio actual, terá estrutura de formigón con acabado exterior en sistema de illamento térmico SATE e cuberta inclinada de panel sándwich.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta nova actuación eleva a preto de 7M€ o investimento da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP nos centros educativos de Lalín ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, con actuacións tan salientables como a central de biomasa do Colexio CEIP Xesús Golmar (1,3M€), a rehabilitación integral do CEIP Xoaquín Loriga (661.000 €), ou a renovación de cuberta e fiestras do CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza (538.000€) e do CEIP Plurilingüe Varela Buxán (356.000€). Ademais, están xa adxudicadas as obras de reforma da instalación contra incendios do IES Laxeiro por 130.000 €.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page