top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Xunta licita por máis de 2,6 M€ a mellora do firme da PO-206 e da PO-905 ao seu paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces

As empresas interesadas na execución destas obras poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 3 de abril


Laura Moure/Deza

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou este venres as obras de mellora do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces, cun investimento de 2.668.466 euros. Trátase de executar a renovación do firme da calzada nalgúns dos treitos da PO-206, entre os puntos quilométricos 0 e 16+310; e na estrada PO-905 entre os quilómetros 0 e 4+500, mellorando as súas características actuais.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a licitación destas obras e establece como prazo ata o 3 de abril para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas. O obxectivo da Xunta é adxudicar as obras no mes de xuño e executalas entre o verán e o outono. Os traballos contan cun prazo de 9 meses e a lonxitude total da actuación rolda os 21 quilómetros.


Publicidade

En concreto, as actuacións previstas na PO-206 comprenden o treito inicial da estrada no tramo de algo máis de 16,3 quilómetros no seu percorrido polo municipio de Lalín, ata o quilómetro 13+420. Neste punto comezan as intervencións no treito de preto de 3 quilómetros da estrada ao seu paso polo concello de Vila de Cruces.


No caso da intervención na PO-905, os traballos céntranse no tramo inicial desta estrada, de 4,5 quilómetros, que atravesa o concello de Vila de Cruces.


Publicidade

As obras consistirán na reparación do firme mediante fresado e reposición das zonas localizadas que se atopen deterioradas e a aplicación dunha nova capa de rodaxe ou microaglomerado nalgúns treitos nos que sexa preciso. Como complemento a estes traballos, reporanse as marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito das actuacións na PO-206 e na PO-905 e procederase á colocación de elementos de balizamento e reposición de captafaros.


O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando o vindeiro ano 53 M€ á súa conservación.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page