A Xunta licita por 532.250€ as obras de humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, no Pino
- ecosdacomarca

- 15 sept
- 1 Min. de lectura
As empresas poderán presentar as súas ofertas para este contrato ata o 2 de outubro
Ecos da Comarca/O Pino
A Xunta vén de licitar por importe de 532.250€ as obras de humanización da rúa Forcarei e a rúa dos Mollaos, no concello do Pino. Esta actuación enmárcase no Plan Hurbe, co que a Administración autonómica colabora cos concellos no impulso de actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos para contribuír á revitalización do territorio.

A través desta intervención, actuarase nestas dúas rúas situadas no núcleo urbano do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago. En concreto, a rúa dos Mollaos presenta un elevado tránsito de peregrinos, xa que en ela atópanse 3 aloxamentos que dan servizo a estes.
As empresas poderán presentar as súas ofertas para este contrato ata o 2 de outubro.
A execución destas obras enmárcase nas medidas e liñas de colaboración do Plan Hurbe, coas que a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas se contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.
Publicidade
A través do convenio asinado pola Xunta e o Concello ao abeiro do Plan Hurbe, o Goberno galego financiará asumirá o 70% do orzamento das actuacións e executará as obras, e o Concello do Pino achegará o 30% restante do custe.







Comentarios