top of page

A Xunta licita por 4M€ a redacción dos proxectos da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Das comarcas levaranse a cabo en Lalín e Vila de Cruces


Laura Moure/Deza

A Xunta licitou onte, por importe de 4M€, os contratos de redacción dos proxectos das actuacións a financiar con fondos europeos FEDER 21/27, que inclúen a redacción dos proxectos dos itinerarios de alta prioridade incluídos na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, que suporá estender a actual rede de sendas noutros 120km ata 2027, cun investimento total de preto de 70M€. Esta nova fase do plan que se saca a concurso inclúe un total de 114 itinerarios nas catro provincias galegas.


A licitación anunciada hoxe pola Axencia Galega de Infraestruturas inclúe 6 lotes de redacción de proxectos, dous para sendas peonís e ciclistas, dous para mellora da seguridade viaria en estradas autonómicas, un para actuacións de mitigación do ruído e outro para actuacións preventivas en muros e noiros. O obxectivo é se poida comezar a redactalos a mediados do vindeiro ano. As empresas interesadas terán de prazo ata o vindeiro 30 de xaneiro.

A Xunta leva case 300 quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas coa anterior fase do Plan de Sendas de Galicia, que recentemente foi premiado pola UE. A través deste plan, o Goberno galego está a dotar de rutas accesibles ás estradas autonómicas, permitindo a circulación separada de vehículos e peóns, mellorando así  a seguridade viaria ao proporcionar un itinerario cómodo e seguro ás persoas, ademais de fomentar un estilo de vida máis saudable.

As lonxitudes e orzamentos definitivos destes itinerarios concretaranse nos proxectos que se redacten, pero partindo da planificación xa proxectada nas catro provincias. Deste xeito, na provincia da Coruña, poden destacarse a planificación de novos itinerarios entre Arteixo e Lañas;  entre Oleiros e Cambre, en Cambre e Culleredo ou en Boqueixón.


Publicidade  

Por outra banda, na provincia de Lugo prevese, entre outros, novos itinerarios en Ombreiro (Lugo), en Guitiriz, en Parga, en Monforte de Lemos ou en Sarria. No caso de Ourense, destacan as previstas na capital da provincia, en Reza, de acordo co proxecto consensuado cos veciños; e na zona do Cumial.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E en canto a provincia de Pontevedra, actuarase  no impulso de sendas en Vigo, Nigrán, O Porriño, Pontevedra, Poio, Moaña, Vilaboa, Meaño, Cangas, Bueu, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia, Tui, Salvaterra, Ponteareas, As Neves, Lalín, Vila de Cruces ou A Estrada.

0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page