top of page

A Xunta licita o mobiliario e o equipamento da súa nova residencia de maiores de Antas de Ulla

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Destínanse máis de 450.000 euros a dotar este centro de todo o material necesario para a súa entrada en servizo


Laura Moure/Antas de Ulla

O Consello da Xunta deu conta hoxe da licitación do mobiliario e do equipamento da residencia de maiores de Antas de Ulla, pertencente á rede pública autonómica. O Goberno galego investirá máis de 450.000 euros en dotar este centro de todo o material necesario para a súa entrada en servizo.

O equipamento desta infraestrutura estase a realizar en dúas fases. Nunha primeira licitouse a subministración de material para as zonas de cociña e lavandaría, que incluíu cociña industrial de gas, forno, campá, mesa refrixerada, lavalouzas, cámaras de frío, lavadora, secadora, mesa de pasado de ferro, etc. E nesta segunda sácanse a contratación o mobiliario, o material asistencial e sociosanitario e os diferentes aparellos tecnolóxicos.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta segunda parte do equipamento divídese en tres lotes. O primeiro é para a moblaxe e o enxoval e comprende, entre outros elementos: camas articuladas, o mobiliario dos cuartos e das zonas comúns, cadeiras, armariños individuais con pechadura, lenzaría, equipamento do salón de peiteado, etc. O lote dous de material asistencial e sociosanitario inclúe desfibrilador, electrocardiógrafo, monitor de signos vitais, concentrador de oxíxeno, tensiómetro, frigorífico e carro de medicación, guindastres de elevación e bidepestación, material de fisioterapia, etc. Finalmente, o terceiro lote de tecnoloxía está composto por un sistema audiovisual (proxector, pantalla, altofalante, micrófono...) para unha das salas polivalentes, sistema de videoconferencias, ordenadores, impresoras, televisores, etc.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As empresas interesadas neste concurso teñen de prazo ata o vindeiro día 7 de marzo para presentaren as súas propostas. Deste xeito, a Xunta dá un paso máis para a posta en funcionamento da residencia de Antas de Ulla o antes posible. As obras están practicamente rematadas e a súa finalización está prevista para os vindeiros días.


O Executivo autonómico destina máis de 3,5 millóns de euros procedentes de fondos europeos do programa Next Generation a esta actuación, que transformará os 12 apartamentos tutelados para maiores con autonomía que albergaba o edificio nunha moderna residencia pública de 56 prazas para persoas maiores con dependencia.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page