A Xunta licita o contrato para a conservación e o mantemento das autoestrada Dozón-Ourense
- Laura Moure
- 5 may
- 2 Min. de lectura
As empresas interesadas en levar a cabo esta actuación poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 4 de xuño
Laura Moure/Dozón
A Xunta vén de licitar por importe de 9.101.782 euros o contrato de conservación e mantemento das autoestradas Dozón-Ourense (AG-53) e do seu ramal cara ao Carballiño (AG-54) para os vindeiros 4 anos. Nesta licitación está prevista a posibilidade de ampliación do contrato por 1 ano adicional. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou onte a licitación deste servizo que inclúe as tarefas de conservación ordinaria e de vialidade invernal nestas vías de alta capacidade de titularidade autonómica.

Este novo contrato supón un incremento do 18,7% máis que o importe de licitación da anterior contratación, realizada no ano 2021 para o período 2021-2025. As empresas interesadas en desenvolver este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 4 de xuño.
Os traballos a realizar polo adxudicatario contemplan tarefas de vialidade destinadas a facilitar a circulación dos vehículos nesta vía en condicións axeitadas de seguridade e fluidez.
Publicidade
O contrato tamén abrangue as actividades de conservación ordinaria dirixidas a manter en boas condicións as características funcionais ou estruturais dos elementos da estrada e a corrixir os impactos negativos que poidan dificultar a correcta realización da súa función.
Ademais, a empresa adxudicataria deberá realizar as actividades de conservación extraordinaria destinadas a pór en situación inicial as características dos elementos da estrada, ou no seu caso, a mellorar os estándares iniciais.
Publicidade
Cómpre destacar entre as actividade de conservación extraordinaria que se está previsto realizar neste novo contrato, a renovación de cerramento das vías, que se fará segundo necesidade, tras unha revisión exhaustiva do estado da actual. Ademais, está previsto renovar a planta de fabricación de salmoira, a instalación dun novo silo para vialidade invernal no Alto de San Martiño, a instalación dun novo silo para sal para vialidade invernal, e a realización de revisións exhaustivas e reparacións, ou substitucións, de pantallas acústicas, de pantalla antivandálicas e dos marcos de delimitación da zona de dominio público, segundo se detecten deficiencias.
Comments