A Xunta licita a xestión da nova residencia en Antas de Ulla que conta con 56 prazas públicas
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Consello da Xunta deu luz verde onte ao inicio do proceso de contratación da xestión da nova residencia de maiores de Antas de Ulla. Deste xeito, dáse un paso máis para a próxima entrada en funcionamento deste centro, toda vez que as obras nel remataron o pasado mes de febreiro.

O Goberno galego destinou máis de 4 millóns de euros de fondos europeos do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia (MRR) para transformar un inmoble de apartamentos tutelados para 16 persoas maiores nunha moderna residencia de 56 prazas públicas. Nestes momentos, estase completando o seu equipamento, no cal se invisten outros 450.000 euros.
A Administración autonómica traballa coa previsión de que a residencia reciba os seus primeiros usuarios en setembro. A duración inicial do contrato para a xestión deste servizo é de dous anos, coa posibilidade de prorrogalo anualmente ata acadar unha duración máxima de cinco.
Publicidade
O seu orzamento base de licitación é de 2,9 millóns de euros. Tras a autorización por parte do Consello da Xunta, o seguinte paso é publicar o anuncio de licitación na Plataforma de contratos públicos de Galicia e no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE). A partir de entón, concederase un prazo de 30 días naturais para a presentación de ofertas
Comments