top of page

A Xunta inxecta máis de 2,5 millóns de euros na hostalaría de Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Aprobou 1.200 axudas directas dos dous primeiros plans de rescate


Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de inxectar máis de 2,5 millóns de euros no sector da hostalaría das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a través da aprobación de 1.201 axudas directas correspondentes cos dous primeiros plans de rescate.


A segunda convocatoria, que acaba de quedar resolta, permitiu que as achegas deran cobertura ao 94% dos establecementos de hostalaría da provincia de Pontevedra -coa aprobación de 13.385 axudas por importe de case 30 millóns de euros- e lles outorgaran liquidez ao ser un dos sectores máis afectados pola pandemia e polas necesarias medidas sanitarias de contención da covid-19.


En toda Galicia outorgáronse máis de 37.000 axudas directas en ambos os dous plans de rescate, co que chegaron a case a nove de cada dez bares, restaurantes, cafeterías e outros establecementos de alimentación e bebidas radicados na Comunidade. Todos estes apoios supuxeron ata o de agora un desembolso de 86,6 millóns de euros das arcas autonómicas.


Axudas nas comarcas

En canto á distribución en Deza e Tabeirós-Montes, os locais do municipio de Lalín roldaron o medio milleiro de achegas cun importe global de case un millón de euros, mentres que no caso da Estrada superáronse as 300 axudas por un importe de preto de 700.000 euros.


Polo demais, tamén destacaron as achegas concedidas aos establecementos do sector de Silleda, cun total de 225 e preto de medio millón de euros, mentres que, dos demais concellos, destacan as axudas a Vila de Cruces (60) ou Cerdedo-Cotobade (59).


A relación de beneficiarios e de contías por concellos é a seguinte:

Cos dous primeiros plans de rescate a Xunta mobilizou un total de 182 millóns de euros co obxecto de aportar liquidez a estes negocios e contribuír á permanencia do emprego e da viabilidade. Máis da metade dese diñeiro foi parar ao sector hostaleiro.


Terceiro plan aprobado

O Consello do Goberno galego, pola súa banda, vén de aprobar o terceiro plan que, no seu caso, nutrirase de fondos do Estado, dos que 234 millóns de euros corresponderán á Comunidade, apenas o 3,3% dos 7.000 millóns que se repartiron en toda España.


Dentro da escasa marxe de manobra que o Goberno central deixa ás comunidades, Galicia priorizará que as axudas cheguen ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego. Para elas resérvanse 200 dos 234 millóns de orzamento, o 85% do plan.



Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page