top of page

A Xunta inviste máis dun millón de euros na mellora de dúas estradas que vertebran a comarca da Ulloa

O Goberno galego, ademais de na estrada LU-221, intervirá na LU-212, entre Taboada e Monterroso, pois son os principais viarios de comunicación desta bisbarra


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta inviste máis dun millón de euros na mellora de dúas estradas autonómicas que vertebran a comarca da Ulloa. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou este martes o inicio do acondicionamento da LU-221, que une Monterroso e Palas de Rei.

ree

Os traballos previstos pola Xunta tamén contemplan a intervención na estrada LU-212,  entre Taboada e Monterroso, xa que xunto coa LU-221 constitúen os principais viarios de comunicación desta bisbarra.


As actuacións nestas vías inclúen a rehabilitación da capa de rodaxe e tamén a renovación completa de todas as sinais horizontais, o que contribuirá a reforzar a seguridade viaria na contorna, segundo explicou María M. Allegue.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

A conselleira subliñou que con estas intervencións as estradas autonómicas da Ulloa se confirman coma unha alternativa segura e fiable para a mobilidade dos veciños do suroeste da provincia de Lugo, agardando que o Goberno axilice a posta en servizo da autovía A-54. Remarcou que esta obra é unha proba máis do compromiso da Xunta coa seguridade viaria, destinando este ano un investimento de preto de 53M€ á conservación das estradas autonómicas, un 8% máis que o ano anterior e o maior orzamento en 10 anos.


Lembrou que o Goberno galego vén traballando este verán na mellora do firme de 35 estradas autonómicas. Exemplos destes traballos na provincia lucense son os impulsados na LU-530, estrada de Fonsagrada; na CG-2.1 e LU-533 entre Monforte e Chantada. Concretou que o Goberno galego inviste 5,8 M€ en execución de reforzos de firme na rede autonómica de estradas só na provincia de Lugo no ano 2024.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste sentido, instou ao Goberno central a desenvolver un plan de conservación para as estradas estatais en Galicia, posto que son moitas as que se atopan en mal estado e requiren dunha actuación urxente.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page