top of page

A Xunta inviste máis de 70.000 € en Deza-Tabeirós na dixitalización de locais turísticos

O delegado territorial visitou o restaurante O Refuxio de Merza, en Vila de Cruces, que

recibiu 10.000 euros para modernizar o sistema de comandas


Laura Moure/Vila de Cruces

A Xunta, a través Turismo de Galicia, investiu máis de 70.000 euros en axudas para a modernización e implantación de medidas de dixitalización dos establecementos turísticos de restauración no Deza-Tabeirós. A maiores a subvención contempla tamén axudas para os aloxamentos turísticos.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este xoves un dos

máis de 200 establecementos de toda Galicia beneficiados por estas axudas. O restaurante escollido foi O Refuxio de Merza, situado en Vila de Cruces que puido instalar

un sistema de automatización e dixitalización das comandas grazas a un aporte da Xunta

de máis de 11.000 euros.


Publicidade

Neste sentido, Reguera quixo destacar a importancia destas actuacións que permiten

“mellorar os servizos que prestamos ás persoas que confían en Galicia para pasar as súas

vacacións”. Ademais, o delegado lembrou que “esta comunidade autónoma xa é un

referente de calidade turística polos servizos que ofrece, pola contorna, pola calidade dos

seus produtos e pola propia personalidade dos galegos e galegas, pero temos que seguir

traballando para manter a excelencia que nos caracteriza”.


Para todo isto Turismo de Galicia apoia os establecementos hostaleiros cunhas

subvención que deixaron na provincia de Pontevedra preto de 320.000 euros.


Publicidade

Bono turísticos

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar que hoxe, venres , día 29, ás 9.00

horas, arrancará a campaña do Bono Turístico para os usuarios, xa que se abre o prazo

para descargar un dos 10.000 bonos que se porán en circulación por valor de 100 euros con descontos do 40% nos establecementos de aloxamento turístico adheridos. Cada bono, que se pode conseguir na web bonoturismo.gal, ten un saldo de 100 euros que se irá descontando a medida que se utilicen os descontos. O obxectivo desta medida

e axudar a desestacionalizar o turismo na comunidade autónoma e axudar a este sector.


Publicidade

Os interesados poderán utilizar este bono, que espera mobilizar ata 2.5 millóns de euros,

ata que rematen os seu saldo, ata o 25 de decembro. “Temos o exemplo recente do Bono Comercio que tivo un resultado moi positivo e creemos que este bono turístico tamén será unha importante axuda para os aloxamentos turísticos e un aliciente para todos aqueles que precisen dun pequeno empurrón para visitar cada recuncho de Galicia”, concluíu o delegado.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page