O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das
actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP Ramón Valenzuela
e ao CEIP Plurinlingüe de Silleda
Laura Moure/Deza
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, está a acometer melloras, con diferentes graos de envergadura, en varios centros escolares da comarca de Deza-Tabeirós de cara ao curso académico 2023/2024 cun investimento global de máis de 1.6 millóns de euros.
En concreto, o Goberno galego está a executar a unha obra no CEIP Ramón de Valenzuela de Silleda que conta cunha inversión de case 400.000 euros e que permitirá reformar os aseos, substituír os falsos teitos e mellorar a iluminación e as cubertas. Aínda no Concello de Silleda, estanse a investir máis de 430.000 euros no CEIP Pluringüe de Silleda, que para o inicio do curso contará cuns aseos renovados, cunha nova cuberta e cunha aula de música ampliada.
No concello de Forcarei tamén son dous os centros nos que se está a actuar. En concreto
son o CEIP Nosa Señora das Dores e o CEIP de Soutelo de Montes, onde se están a levar
a cabo unhas obras de mellora das fachadas e cubertas e mantemento das carpinterías
exteriores, cunha inversión de case 500.000 e case 300.000 euros respectivamente.
Publicidade
Pola súa banda, o CEIP Xoaquin Loriga e o CEIP Pintor Laxeiro de Lalín comezarán o
curso cunha cuberta renovada no seu patio e unha ampliación de paseos e aulas
respectivamente, cada unha das actuacións cun custo de preto de 50.000 euros; mentres
que o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas (Vila de Cruces) é obxecto de varias reformas por
importe de preto de 100.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou desta relación de obras educativas xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez, nunha visita aos centros de Silleda, na que tamén participou o alcalde, Manuel Cuíña.
Publicidade
Así, Reguera mostrouse satisfeito co avance das obras e adiantou un curso lectivo tranquilo e produtivo. “Estamos traballando para que todas as obras rematen o antes
posible e cos mellores resultados. En calquera caso, o alumnado poderá comezar ás clases sen ningún tipo de molestia e con total seguridade, que para a Xunta sempre é o
máis importante”.
Plan da Nova Arquitectura
O Plan de Nova Arquitectura pedagóxica constitúe a folla de ruta coa que a Xunta está a
modernizar as instalacións educativas facendo fincapé en cuestións como a mellora da
eficiencia enerxética ou accesibilidade, entre outros aspectos. No seu marco, este verán a
Xunta está a impulsar 444 obras de mellora en 305 centros educativos de Galicia, o que
supón 87 actuacións máis que o pasado 2022. O orzamento é de 76,5M€, un 19% máis.
Comments