Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta inviste máis 67.000 na substitución das carpinterías do CPI de Fonte-Díaz de Touro

O proxecto contempla a substitución das carpinterías exteriores por novas carpinterías con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo


Laura Moure/Touro

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Touro, Ignacio Codesido, informou nunha visita ao CPI de Fonte-Díaz que a Xunta de Galicia vai acometer a renovación das carpinterías) deste centro educativo cun investimento de máis de 67.000 euros.A actuación ten un prazo de execución de dous meses. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación. O proxecto contempla a substitución das carpinterías exteriores por novas carpinterías con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo.


Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia aprobado polo Goberno galego. Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.


Este investimento únese ás obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que contemplan este ano un investimento de algo máis de 6,5 millóns de euros en 65 actuacións de mellora nos centros educativos da comarca de Santiago de Compostela.


Segundo explicou Trenor, ademais desta obra de mellora en Touro que se acaba de licitar, a Xunta acaba de licitar rehabilitación integrais en tres centros da comarca (o CEIP Mestro Rodríguez Xixirei e o IES Lamas de Abade, ambos na capital compostelá e o CEIP Flavia en Padrón), así como diversas melloras noutros tres máis.


Segundo lembrou, en total en Galicia están a comprometerse antes de fin de ano 84 obras, cun orzamento de case 40 millóns de euros, o que reflicte que “desde os departamentos técnicos da Consellería este verán estivo a traballarse arreo para a mellora das infraestruturas educativas, o que repercute directamente no confort dos seus usuarios”, das que seis son na área de Santiago, por importe de case 2,9 millóns de euros.


De feito, co obxectivo de renovar as instalacións dos colexios e institutos de cara ao curso que está a piques de comezar, en toda Galicia están a acometerse 557 obras de reforma en centros das catro provincias, cun investimento de 30 millóns de euros, 58 delas en Santiago e área, cun orzamento de case 2,8 millóns de euros.


Todas estas actuacións están a levarse a cabo de acordo coas directrices establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de roteiro do Goberno galego para adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicos da próxima década. Trenor tamén explicou que, a pesar de que algunha obra pode verse afectada pola subministración de materiais que se está dando de maneira xeneralizada en todos os sectores industriais, todas as melloras nos centros educativos están deseñadas e planificadas para que, en ningún caso, incida no normal desenvolvemento do curso escolar.

51 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE